Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

mércores, 4 de outubro de 2017

BENVIDA CON NORABOA.

Benvidos todas e todos!!
Aquí estamos outra vez.

Non me vistes???
Pois xa repartín algún Conto por Dente e ando a remexer nas Mochilas Viaxeiras para que comecen as súas viaxes.
Xa vos botaba en falta!!

Hoxe quero saudarvos e aproveitar para compartir con vós unha nova.
Unha nova moi importante. Un agasallo para todos:
O noso Antonio García Teijeiro é desde onte PREMIO NACIONAL de Literatura Infantil e Xuvenil.
Canto nos alegramos. NORABOA, querido Antonio!


Ningún comentario:

Publicar un comentario