Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

xoves, 27 de abril de 2017

Con rumbo polo mundo.

Na dereita deste blog, debaixo do BaúldeCascarilla, atoparás a caixa dos Proxectos Compartidos.
Entra nela e mira en Con rumbo polo mundo.

Verás que hai algúns enlaces.
A min gústanme moito: podes ver como se fabricaban e como se fabrican os globos terráqueos, podes vivir algunha viaxe virtual, ou disfrutar deste vídeo que vos deixo aquí abaixo.


martes, 25 de abril de 2017

Paco Nogueiras na nosa BIblio.

Como sucede desde hai moitos cursos, as nenas e nenos de cinco anos, neste caso Pitiños e Peixiños, recibiron ese agasallo especial e que tanto lles gusta: a súa sesión de Contacontos.

Desde o meu agocho vin como miraban, escoitaban e participaban entusiasmados: Renato, A árbore da escola, Piñeiro, Mister Magnolia...

Saíron felices e con moito que contar!

O Contador parecíase moito a Paco Nogueiras ... Seríao????
Poida que si pero ... faltáballe un sombreiro azul!!



domingo, 23 de abril de 2017

23 de abril, día do libro.


No ano 1979 Francesco  Tonucci creaba esta viñeta:

Desde BiblioCascarilla seguimos a reivindicala.
Feliz día do libro!

xoves, 30 de marzo de 2017

Hai uns días as nenas e nenos de 4º e 5º de primaria compartiron na Biblio unha charla sobre animais mentireiros, que versaba sobre esa marabilla da adaptación que coñecemos como camuflaxe.
Desde o meu agocho vin ollos moi abertos, mans levantadas, escoitei moitas preguntas e intervencións...
Esta actividade foi posible grazas á iniciativa dunha nai do colexio que trouxo con ela a Mª José, unha compañeira experta en zooloxía. Como adoita suceder, atopamos nas familias un dos recursos máis valiosos para a aprendizaxe.
Grazas, Luisa. Grazas, Mª José. Ademais de aprendermos sobre camuflaxe, é moi posible que ese día espertaran moitos desexos de saber máis. Iso si que é importante!



martes, 14 de marzo de 2017

Por fin de volta!

Ola a todas e todos!!!!!!!!
Aquí estou de novo!
Despois de tres meses de vivir nos agochos máis fondos da nosa Biblio, escapando do pó e o ruido das obras, por fin atrevinme a saír.
Estou a colocar todo outra vez: libros, mobles, etiquetas ...
E como sei que andades xa CON RUMBO POLO MUNDO, busquei nos andeis para achegarvos libros bonitos e que vos axuden a viaxar.
Velaí o corredor de Infantil e o moble da nosa Biblio:


Hoxe quero presentarvos a todos una selección destes libros. Son Guías que nos achegan a diferentes cidades, mesmo países do mundo. A min gústanme moito. Espero que tamén a vós.
Aí van! Para todos, dos máis pequechos aos maiores.


martes, 20 de decembro de 2016

Boas Festas e... Felices Lecturas!

Chega o Nadal!
Espero que descansedes e que disfrutedes moito nestes días.
Deixo abaixo a nosa Guía de Lectura deste ano.

Á volta estarei esperándovos para viaxarmos todos xuntos ... CON RUMBO POLO MUNDO!



domingo, 4 de decembro de 2016

O venres ... votamos!

O vindeiro venres ... votamos!!
Eliximos tema para o noso proxecto compartido deste curso.

Cal escolles ti?